Librería Bahía, de Foz, acollerá un obradoiro para nenos e nenas de 6 anos en diante, que será impartido pola ilustradora Minia Regos.

Librería Bahía, de Foz, acollerá un obradoiro para nenos e nenas de 6 anos en diante, que será impartido pola ilustradora Minia Regos.
 
Este venres, 24 de abril, ás 18:30 horas estará na Librería Bahía a ilustradora Minia Regos, que impartirá un obradoiro de ilustración para nenos e nenas de 6 anos en diante.
Esta actividade servirá de inauguración dunha exposición dos orixinais da súa obra Tac, Tac, Tac, Plof –álbum ilustrado editado pola editorial Narval- que se poderá visitar na Librería Bahía dende o 24 ata mediados do mes de maio.
Minia Regos naceu en Pontevedra e cursou Belas Artes na Universidade de Vigo. Ilustrou, ademais do álbum que poderemos ver na Librería Bahía, outros libros de éxito como Casas de Paula Carballeira ou Kafka e a boneca viaxeira de Jordi Serra i Fabra. 
“Con esta actividade queremos celebrar o día do libro e sumarnos á festa da Arte que supón a Semana das Artes da Mariña xuntando artes plásticas e libros na mesma celebración”, segundo sinalan desde Librería Bahía.