Este sábado, 28 de marzo, celébrase en Ferreira do Valadouro o Mercado Tradicional de Primavera con infinidade de actividades: desfile de zocas, cantos de taberna ou ruta de tapas.

Este sábado, 28 de marzo, celébrase en Ferreira do Valadouro o Mercado Tradicional de Primavera con infinidade de actividades: desfile de zocas, cantos de taberna ou ruta de tapas.
 
Mañá, 28 de marzo, celébrase en Ferreira do Valadouro o Mercado de Primavera 2015, con infinidade de actividades para todas as idades e gustos. Segundo explican desde a Concellería de Cultura “intentamos rememorar o antigo 25 de marzo, partindo coa imaxe que recolle o cartel, que é una antiga postal adquirida nunha poxa dun anticuario, ata recuperar as Cantigas de Cego que traía ó mercado Antón Lexide, o "Cego de Viloalle" e que, grazas a colaboración desinteresada de Miro Casabella, volverán a encher a praza dos sucesos máis espeluznantes da comarca. Ata tal punto esta é una edición volcada na historia que, coa axuda do párroco de O Valadouro, D. Fernando Monterroso, este ano todos os asistentes poderán disfrutar da imaxe orixinal en pedra da Virxe de Ferreira, ó redor de cuxa capela xurdiu tanto o mercado como a vila e que, entre as milagres que realizou cóntase que está protexer esta celebración que se facía en honor a ela e que perdura ata os nosos días”. 
Desde o Concello indican que “ademáis durante a mañá disfrutaremos da actuación de Amado Lar que, un ano máis de maneira altruísta, colaboran animando o desenrolo da velada. Cara o mediodía invitamos a todos os portadores de zocas a que participen no desfile que se realizará na praza de Sta María e para o cal poderán inscribirse dende primeira hora no punto de información. Este ano premiarase "A Mellor Zoca" non só de adultos senón tamén de neno e nena, por iso que é imprescindible a colaboración de todos e ó bo ánimo que xa se demostrou na edición anterior. Ademais poderemos disfrutar, grazas ó traballo de Pepa Losada cedido por A Voz de Galicia, de una exposición de fotografía con As Zocas no Valadouro”.
A Concellería de Cultura engade que “pola tarde disfrutaremos de actividades orientadas ós nenos como os monicreques ou os xoguetes tradicionais, e outras para os non tan nenos como as demostracións de artesáns, a actuación de Rodesindo da Barrosa "O Afiador" e, as imprescindibles, Olimpiadas Rurais nas que, todos os ataviados de época, poderán demostrar as súas habilidades en distintos xogos como as carreiras en zancos ou tiro de paca. A parte, ó longo de todo o día podremos disfrutar da exposición Coas nosas máns con traxes rexionais, cestería, olería e pratería, cedida polo CENTRAD, dunha granxa rústica con paseo en burros e ponis para nenos, de Cantos de Taberna e da Ruta de Tapas gratuítas, na que os locais hostaleiros de Ferreira esmeraranse un ano máis en facer delicias culinarias para deleitar a veciños e foráneos. Para acabar, remataremos cun concerto de Carapaus na praza de Sta María que porá o punto final oficial a una xornada de esperamos sexa de algarabía para todo o que se acerque a O Valadouro para compartila con nós”.