O espectáculo de coplas Touporroutou, tradicional do Entroido de Foz, será o domingo 15 de febreiro

A asociación cultural A Pomba do Arco celebrará o domingo 15 de febreiro ás 20:30 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz unha nova edición do Touporroutou, un dos espectáculos clásicos do Entroido focego. A representación correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro e das pandeireteiras de A Subela.

A entidade organizadora anima a toda a veciñanza a colaborar coa actividade, achegando as súas coplas ás caixas distribuídas en diversos establecementos de Foz. Segundo indica a asociación, estas caixas están dispoñibles en: Eskina, Anduriña, Urban, Muelle Bar, Cervexaría Augas Santas, Funcional, Happy Days, Pachán, Chapela, A Bolera, Casa Damián, “Dandy” e “Xoiña”. Como novidade, A Pomba do Arco habilita tamén o correo electrónico apombadoarco@gmail.com para que quen o desexe poida enviar as súas composicións de maneira dixital. A data límite para entregar as coplas nas caixas dos establecementos hostaleiros é o venres 13 de febreiro ás 20:00 horas.

A asociación lembra que “o éxito e continuidade do Touporroutou depende da implicación da veciñanza. Por iso anima os focegos e focegas a elaborar coplas e cantigas sobre os temas que consideren de interese, co obxectivo de que o espectáculo volva ser unha auténtica crónica satírica da vida social de Foz ao longo do último ano”.

E para rematar A Pomba do Arco anima a asistir ao evento: “este domingo non vos perdades o Touporroutou 2026! Vémonos ás 20.30 horas no Salón de Actos do Colexio Martínez Otero. Festa rachada e risas aseguradas!”.