
Todo está preparado en Ribadeo para a celebración do Foro Industria, Emprego e Innovación, que se celebrará este xoves, día 30 de abril, no CFPA Pedro Murias.
O alcalde, Dani Vega, anuncia: “está todo preparado para acoller o Foro Conecta Ribadeo, un foro que quere falar de industria, de emprego, de innovación e desde logo desde o Concello traballamos para que se sigan asentando empresas na nosa localidade, que sigan emprendendo, que sigan abrindo negocios, empresas, en definitiva, que Ribadeo siga avanzando como un polo de emprego, autoemprego, de industria e tamén de innovación”.
O rexedor comentou tamén: “aparte de tomar decisións para loitar para que veñan empresas para Ribadeo, tamén queremos que estes foros sexan imáns para atraer empresas para falar de futuro. A industria é clave na nosa comarca, tamén no noso concello, a innovación, o emprego ou autoemprego. Cremos desde o Concello que falar nestes foros e poñer encima da mesa políticas para medrar, para atraer, para consolidar empresas, eu creo que é importantísimo”.
Vega engadiu que “a primeira das mesas vai estar constituída por Chus Lorenzana, que é a conselleira de Economía e Industria de Galicia, tamén van estar os conselleiros da mesma rama de Asturias. Tamén vai estar a conselleira de Medio Rural. Creo que é un debate clave que as máximas autoridades de ambas comunidades que están a levar proxectos empresariais no rural, nas vilas, a industria e a innovación falen e poñan en común as materias importantes para seguir avanzando”.
O alcalde ribadense manifestou ademais: “tamén en materia empresarial eu creo que hai que escoitar ás empresas, darlles a palabra, escoitar as propostas e queremos contar coa colaboración de Ángel Miranda, que é o director da División Agrogandeira de Clun; tamén Rubén Hidalgo, que é o director de Inversión de Impacto do Grupo Central Lechera Asturiana; Álvaro Platero, o vicepresidente de Gondán; e tamén Luis López, que é o director xeral de Industrial Recense. A empresa é clave para que sigan avanzando as nosas localidades. E Ribadeo creo que está dando un exemplo de busca de empresas, falar en foros que tamén son imáns para que sigan asentándose en Ribadeo e tamén queremos falar coa administración, cos secretarios, cos directores xerais que están levando o día a día”. E engadiu: “o local onde faremos este evento é Pedro Murías, que é un sitio onde estamos colaborando conxuntamente coa Xunta, coa dirección deste centro para poñer en valor un edificio que fala de formación, que fala tamén de foros, que facemos eventos en definitiva poñer en valor un dos edificios máis importantes de Ribadeo. Espero contar con todos, contar con máis industria, con máis emprego e, desde logo, seguir avanzando desde a innovación para Ribadeo”.


