
O grupo teatral O Centiño, de San Martiño (Foz), representará en Trabada a comedia titulada O Autobús. Será este sábado, día 2 de maio, ás 21:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.
O Concello de Trabada anuncia que “o ciclo teatral continúa coa representación de O Autobús, unha comedia do grupo O Centiño, escrita e dirixida por Pepe Peinó”.


