A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo na comarca de Babia (León) do 12 ao 14 de xuño

A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo na comarca de Babia (León ), desde o venres 12 ata o domingo 14 de xuño.

A saída será o venres ás 17:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do luns 8 de xuño a través do teléfono 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 155 euros para os socios do colectivo organizador e de 165 euros para os que non o son. O réxime de aloxamento é de media pensión e inclúese tamén o xantar do domingo. As prazas son limitadas (por orde de inscrición).