Cangas de Foz celebra as festas do Carme e de San Pedro do 26 ao 28 de xuño

A parroquia de Cangas de Foz celebrará as festas na honra á Virxe do Carme e a San Pedro esta fin de semana, días 26, 27 e 28 de xuño.

As actividades comezarán o venres 26 a partir das 21:00 horas cunha sardiñada e desde as 23:00 horas haberá verbena amenizada pola charanga Os Támega e Disco Móbil Conxuro.

O sábado 27 ás 13: 00 horas celebrarase misa solemne na honra á Virxe do Carme cantada polo grupo Mar Aberto. Despois haberá procesión e sesión vermú co grupo Galia. Pola tarde elaborarase unha alfombra floral e ás 22:30 horas comezará a verbena amenizada polos grupos Galia e a Banda de Ayer.

E o domingo 28 ás 13:00 horas haberá misa solemne na honra a San Pedro acompañada do coro Os Castros, procesión e sesión vermú co dúo Venus, que tamén amenizará o tardeo coa orquestra Los Satélites.

A organización destaca que haberá carpa no campo da festa.