
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, declarou que “agosto para moitos é un mes de vacacións pero a cultura en Ribadeo non colle vacacións polo que nas próximas datas podemos gozar de música con concertos diversos: a Real Filharmonía de Galicia o día 13 e Yulianna Avdeeva o 17 dentro do Festival Bal y Gay, o pianista ribadense Guillermo Cruzado o día 14 e Carlos Nuñez o 16. E os mércores, como xa é tradición, en Cabanela o Rock by me volve os días 19 e 26”.
Ribadeo tamén acollerá a presentación de varios libros: “Presagio,de Juan de Oñate, acompañado de Rafa Latorre, o día 13, o libro sobre os Irmáns Moreno Ulloa o 18, El valor de un emigrante, de Margarita Pérez Alonso o día 20 ó igual que a análise dos acuíferos de Blanca Parga. Non podemos esquecer a homenaxe ó pintor ribadense Xusto Moreda que terá lugar venres 21”.
Sanjurjo engadiu: “e tamén contaremos coas actividades infantís dentro da Trastenda dos Contos, que terán lugar os martes 11 e 18. Vémonos nas actividades culturais”.


