
Acia Foz-CCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 20, 21 e 22 de agosto.
Durante esas xornadas Fóra Stocks 35 establecementos comerciais sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.
Nesta nova edición do Comercio na Rúa daranse cita 35 negocios, que son: 5 Lobiños, Aira Estudio, Alain Afflelou Foz, Ártico, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela Moda, Lourdes Moda Íntima, Mi Casa, OfiFoz, Pirde Moda, Sensación Surf, Surya, Thecé, Unique, Vas´s, Vas´s Outlet e Xoguetería Bahía.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, indicou que “o Comercio na Rúa é unha oportunidade moi interesante para mercar artigos de tempada para o que resta de verán e para a volta ao cole a moi bos prezos. Esta é unha campaña tradicional na época estival en Foz, que ten unha grande acollida entre a clientela e entre os negocios asociados. Xa a organizamos en xullo e volvemos agora en agosto con esta proposta”.
A campaña foi presentada este mediodía. No acto participaron o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, o alcalde focense, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, o presidente de Acia Foz, José Carlos Paleo, e Pura García, directiva da asociación de comerciantes de Foz.
Acia Foz-CCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.


