A Casa da Cultura de O Vicedo acolle unha exposición de pinturas de Nerea Fernández Pazos ata o 15 de setembro

A Casa da Cultura de O Vicedo acolle unha exposición de pinturas de Nerea Fernández Pazos. Poderá visitarse ata o día 15 de setembro no horario de apertura do local: de 10:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 horas.

O Concello de O Vicedo recomenda: “non deixedes de visitala nalgún momento e disfrutar da obra desta rapaza do Vicedo”.