Seguen as festas patronais de Ribadeo con sesión de fogos artificiais hoxe e concerto de Mägo de Oz mañá, 8 de setembro

Os Cocos e os Cabezudos, acompañados do cuarteto tradicional Illa Pancha, percorreron esta mañá as rúas de Ribadeo. A vila vive os días grandes das súas festas patronais.

Para as dúas da tarde hai prevista unha nova sesión vermú a cargo do Dúo Venus. Xa pola tarde ás 20:30 horas a Mekanika Rolling Band encherá de música e bo ambiente as rúas. Para as 23:00 horas está previsto o inicio da verbena no recinto feiral, que contará coa participación da orquestra Los Satélites e do grupo Tekila. E ás doce da noite no peirao será a gran sesión de fogos artificiais, a máis espectacular de todos os tempos, a cargo de pirotecnia Reiriz. 

Mañá é festivo local en Ribadeo. O Día da Patroa dará comezo ás 11:30 horas coa recepción na Casa do Concello das autoridades e acompañamento á igrexa parroquial co cuarteto de gaitas Illa Pancha. Ás 12:00 horas dará comezo a misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo, seguida de procesión e concerto da Banda Municipal de Música ribadense diante do Concello.

No recinto feiral haberá sesión vermú ás 14:00 horas do dúo Matices e ás 22:00 horas festa verbena co grupo D’Cano. O broche de ouro ás festas patronais 2026 poñerao o concerto que ofrecerá Mägo de Oz ás 23:00 horas. 

O alcalde, Dani Vega, agradece o traballo realizado pola comisión organizadora das festas patronais e deséxalles un feliz Día da Patroa a veciños e visitantes: “animámolos a achegarse a Ribadeo a disfrutar dos fogos do 7 e de toda a programación que aínda temos por diante hoxe e mañá”.