Catro curtas de animación galegas serán proxectadas en Foz este domingo, 13 de setembro

Dentro do ciclo de cinema galego Mestre Mateo 2026 serán proxectadas na Casa da Cultura de Foz catro curtas de animación galegas: Lucus, Nuno, O corpo de Cristo e O mesmo. Será este domingo, día 13 de setembro, desde as 18:30 horas.

Anúnciao o Concello de Foz: “este domingo temos unha nova cita co cinema galego cunha sesión dedicada ás curtametraxes de animación. Unha nova oportunidade para achegarnos e desfrutar do talento do noso audiovisual”.