Abraham Cupeiro e a Banda de Música do Landro serán os protagonistas do concerto de Santa Icía o 23 de novembro en Viveiro.

A Concellería de Educación de Viveiro e a Banda de Música O Landro organizan o concerto na honra de Santa Icía que se celebrará o sábado, 23 de novembro, ás 21:00 horas, no Teatro Pastor Díaz.

Nesa actuación o músico sarrián Abraham Cupeiro presentará o seu traballo Pangea, no que recupera diversos instrumentos de todo o mundo cos que interpreta música antiga e actual. Tamén intervirá a Banda de Música O Landro, dirixida por Carlos Timiraos.

O evento está patrocinado pola Deputación de Lugo, a través do seu departamento de Cultura.