A ACD Xove presentará as Rutas de Sendeirismo deste 2017 o 18 de marzo. Será na Aula de Formación do Concello.

O grupo de sendeirismo da ACD Xove fará a presentación das Rutas de Sendeirismo-2017 o 18 de marzo. O acto terá lugar na Aula de Formación do Concello de Xove ás 19:30 horas.

Nesta presentación farase entrega a cada asistente dun calendario de rutas, farase unha explicación de cada unha delas, e tamén se falarán de asuntos de organización para a presente tempada de Sendeirismo.

Desde o grupo de sendeirismo da ACD Xove convidan a tod@s amantes das andainas na natureza a asistir a esta presentación, e participar nesas rutas que programan para este ano coa colaboración do Concello de Xove.