AciaFoz-CCA e a Federación de Comercio de Lugo organizan o 13 de novembro un taller sobre "Networking de innovación, renovación e consolidación comercial".

ACIAFoz-CCA e a Federación de Comercio de Lugo organizan un obradoiro sobre Networking de innovación, renovación e consolidación comercial, que terá lugar o vindeiro luns, 13 de novembro, ás 13:30 horas na Casa da Cultura de Foz.

Desde a directiva do Centro Comercial Aberto explican que “se trata dun taller dirixido a comerciantes para dar a coñecer aos empresarios do sector aspectos relacionados co seu negocio e co consumidor, como a normativa de consumo, axudas, novas tecnoloxías, comercio electrónico e fidelización, entre outros”.

Nesta actividade participará Yolanda Vázquez, quen presentará o relatorio A orde está ligada ás vendas. Os 10 tips clave. Yolanda Vázquez conta cunha ampla experiencia no mundo da imaxe, a decoración, o escaparatismo e o visual merchandising e falará da orde como clave do éxito profesional e persoal, e de cómo organizar o espazo do escaparate e a tenda física e online para potenciar as vendas.

A asistencia a este taller é gratuíta previa confirmación no correo da asociación aciafoz@gmail.com 

Este obradoiro está organizado pola Federación Galega de Comercio de Lugo coa colaboración da Xunta de Galicia, ACIA/CCA de Foz, Grupo Femxa e Anova Multiconsulting.