AciaFozCCA suma novos asociados e supera en novembro a cifra dos 140. A última incorporación é a de Mc Automotive.

AciaFozCCA suma novos asociados e supera os 140 no mes de novembro. A última incorporación é a de Mc Automotive. 

Os propietarios desta empresa, que conta con máis de cinco anos de experiencia no sector, decidiron instalarse en Foz “porque aquí tiñamos bastantes clientes. Ademais nesta zona non hai negocios similares”. Antes tiveron presenza en Burela e tamén en Cervo. As expectativas son boas: “agardamos seguir aumentando a nosa presenza en Foz e ir expandindo o noso negocio cada vez mais”. 

Mc Automotive está situado na rúa Cervantes, 41-baixo. Abre de luns a vernes de 9:30 a 13:30 horas e de 15:30 a 19:30 horas. E os sábados de 10 a 13 horas. Os domingos e os festivos pecha. 

Desde Mc Automotive comentan que “os nosos clientes poderán atopar vehículos de gama media alta, principalmente das marcas BMW, Mercedes, Audi ou Volkswagen. Temos algunhas unidades en stock, pero a nosa especialidade está no servizo de venta á carta. O cliente indícanos qué modelo de coche está buscando e con qué características, e nós atopámolo e poñémosllo na porta da súa casa, encargándonos de todos os trámites. Facemos as entregas coa ITV recién pasada e cun ano de garantía. O cliente so ten que disfrutalo”.

Mc Automotive súmase a lista de socios de AciaFozCCA ao igual que o fixeron nas últimas semanas Triple A e O Sol Yoga Pilates.