AciaFozCCA súmase á campaña Días Azuis do Comercio Galego, que se desenvolverá do 1 ao 20 de novembro.

AciaFozCCA súmase á campaña Días Azuis do Comercio Galego, que terá lugar do 1 ao 20 de novembro.

Días Azuis do Comercio Galego  é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta coa colaboración de Abanca e as federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.

A campaña terá lugar entre o 1 e o 20 de novembro de 2021 e nela poden participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 14.000 euros en premios, distribuídos en 32 tarxetas prepago regalo de 250 euros (8 por provincia) e 40 tarxetas de 150 euros (10 por provincia), que deberán ser empregadas para volver mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 30 de Xuño de 2022. O sorteo dos Días Azuis do Comercio Galego realizarase ante notario o 24 de Novembro de 2021.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima a participar nesta nova edición dos Días Azuis: “as persoas que fagan as súas compras no comercio local ao longo destes días teñen a oportunidade de levar algún dos premios que se porán en xogo a finais de novembro. Toda axuda é boa agora que estamos ás portas do Nadal”.

Os teus clientes poden participar de 2 maneiras diferentes: rexistrando a súa compra na páxina web www.diasazuis.com ou coa colaboración dos comerciantes, a través desta mesma páxina web www.diasazuis.com/comercios, onde, previo rexistro do comercio, pódese rexistrar directamente a operación de compra dos clientes dese establecemento. Deste xeito, o consumidor obterá unha participación a maiores para o sorteo. Nos dous casos o cliente debe fotografar e/ou gardar o seu tícket de compra como xustificante da mesma.

As persoas interesadas en participar nesta campaña poden consultar calquera dúbida ao respecto no teléfono gratuíto 900 103 087 ou tamén a través do seguinte correo electrónico: dptocomunicacion@comerciogalicia.es.