A Acial de Lourenzá organiza unha festa infantil e un baile de Entroido o 4 de marzo. Serán no recinto feiral da localidade.

O luns de Entroido, 4 de marzo, celebrarase unha festa infantil no recinto feiral de Lourenzá. Será desde as 17:00 ata as 20:00 horas con entrada gratuíta. Haberá actuacións de Galimatías Os cómicos da rúa, chocolatada e actuación do Dj Billy.

Tamén ese luns, pero a partir das 23:00 horas terá lugar un baile de carnaval. O prezo da entrada será de 7 euros (con 1 consumición). Actuará o Grupo Fénix e Dj Billy. Ás 1:30 horas celebrarase o desfile e haberá premios en Individual de 50€ para o 1º, 35€ ao 2º e 25€ ao 3º; Parella con 80€ para o 1º, 60€ ao 2º e 30€ ao 3º; e para Grupos con 120€ para o 1º, 80€ ao 2º e 60€ ao 3º.

Organiza a ACIAL coa colaboración do Concello de Lourenzá.