Acisa Ribadeo pon en marcha a campaña "Veciñ@s, estamos list@s, queremos que volvas". Os 50 locais participantes ofrecerán grandes descontos do 3 ao 6 de setembro.

ACISA Ribadeo lanza unha nova campaña que dará comezo mañá, 3 de setembro, e que está enfocada a atraer aos clientes habituais tanto do municipio como das comarcas da Mariña e do occidente asturiano. Os establecementos participantes ofrecerán importantes descontos e promocións os días 3, 4, 5 e 6 de setembro.

O xerente de ACISA, Jesús Pérez, explicou que “esta nova iniciativa comercial e hostaleira chámase Veciñ@s, estamos list@s, queremos que volvas, e busca atraer de novo aos clientes de sempre. Agora que xa rematou a tempada alta de turismo, Ribadeo volve ter o ambiente habitual e volvemos ser os de sempre. Por iso cremos que é bo momento para dicirlles aos ribadenses e aos veciños da Mariña e do Occidente de Asturias que estamos listos para que volvan, para mercar de cara á volta ao cole, mercar para facer agasallos, mercar para a nova tempada outono-inverno, que os agardamos para tomar un café ou un viño na bar da esquina, nos locais de sempre, ou ben desfrutar dunha comida ou cea en familia e cos amigos”.

Jesús Pérez dixo que “afianzar a confianza do consumidor local é vital para que, nestes próximos meses que van ser duros, os nosos comerciantes e hostaleiros saian adiante. Isto só o conseguiremos cos nosos veciños porque son, sen dúbida, os que sustentan a economía local ao longo e todo o ano”.

O presidente de ACISA, Francisco Iriarte, sinalou que “moitos socios, tanto do comercio como da hostalería, detectaron unha falta de clientela habitual, especialmente no mes de agosto. Todos o achacamos ao mesmo, a que a xente tiña recelo, tiña medo a saír, porque lles parecía que había moita xente de fora. Por iso, e tras consultar cos socios, pareceunos necesario dicirlles aos nosos clientes que seguimos estando aquí e que os queremos e que os necesitamos para seguir adiante. Para demostrárllelo facemos estes catro días de ofertas para eles, para os nosos veciños e veciñas”.

Francisco Iriarte subliñou que “posteriormente, dende o día 7 de setembro e xa sen descontos, seguiremos traballando para afianzar a confianza de veciños e veciñas cos nosos negocios e que volvan porque o comercio de Ribadeo non se concibe sen os seus clientes de sempre, sen os seus veciños, sexa verán ou inverno son a nosa prioridade”.

Nesta campaña participan preto de 50 establecementos comerciais e de hostalería nos que se poderá desfrutar de descontos de ata un 60%, prezos especiais e promocións para a volta ao cole, en informática, 2x1 en moda, prendas con prezos reducidos a 5, 10, 15 e 20 euros, zonas outlet, menús e racións especiais, menús degustación, tapas e moito máis. 

Os establecementos comerciais que participan nesta iniciativa de ACISA son: La Moda Sport, Platería Gutie, Sanjurjo, Esprit, La Moda Mujer, La Moda Básico, Óptica Miró, Mika, Ginzo Hombre-Mujer, Phonergy, Julia, Dandara, Bis a Bis, Naná, La Moda Joven, Opticalia, Coco, Jatay, Joyería Azabache, Adele, Glass, La Coqueta, Saia, Bora Bora, Farfala, Boutique Valentina, Boutique Del Río, Anais, Xardineo, Mercería Torviso, Pepa Peineta, Beep Ribadeo, Folder, Susana Moreira, Sendín Electricidad, Pequerrechos, Boutique Pippol´s e Deportes Docobo.

E os hostaleiros son: La Solana, Delicates, Breogán, O Tumbín, La Botellería, Goiás, La Lira, O Cabazo, Javier Montero, Galicia, O Indiano, Mareta, Cayo Coco e Araucaria.
Todas as ofertas pódense consultar no facebook de ACISA e na súa páxina web, www.acisaribadeo.es. E tamén na APP Ribadeo Cerca de Ti. 

Gañadores de dúas tablets.
ACISA Ribadeo sorteou hoxe dúas tablets de última xeración entre os usuarios da súa app, que se rexistraron no mes de agosto. Os gañadores foron:  Suso Lopez  Cabarqués e Marcos Rivas Gil. Os afortunados poderán recoller o premio dende hoxe e ata o venres 11 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, nas oficinas de ACISA, que están situadas na rúa San Roque 57-Baixo.

O xerente de ACISA, Jesús Pérez, indicou que “a app xa ten 500 usuarios e segue cun bo ritmo de descargas. Estamos moi satisfeitos porque a resposta da cidadanía foi moi boa”.