Área

Etiquetas:
31/07/2018

O Concello de Cervo vén de mellorar a área de autocaravanas da Veiga tan frecuentada nos meses de verán, que chega ao 100% de ocupación moitos días de xullo e agosto.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Turismo, Mali Méndez, supervisaron a actuación para a que se destinaron preto de 10.000 euros , todos eles procedentes de fondos municipais; e  compartiron un intre coas persoas usuarias instaladas alí estes días que destacaron o confortable da área de  autocaravanas tanto pola contorna na que está ubicada como polos servizos dos que dispón.

En concreto, tal e como explicou Villares, “os traballos foron dirixidos fundamentalmente a regular o estacionamento, co que se logrou  ampliar a capacidade da área,  e as persoas usuarias tamén gañaron en comodidade durante a súa estancia, ao tempo que...

leer más
Etiquetas:
03/07/2018

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, acompañados de ducias de veciños, inauguraron un novo aparcadoiro de autocaravanas, que financiou a Deputación con 36.000 euros en terreos de titularidade municipal. Ten capacidade para 40 vehículos e atópase na parroquia de San Pedro de Mor. Trátase da única instalación desta natureza na Mariña interior lucense.  

Santos Ramos destacou a importancia desta nova área “para o impulso turístico na zona, e para a difusión do patrimonio histórico, paisaxístico e cultural da comarca”.Nestes senso apuntou que “este tipo de proxectos contribúen a incrementar o número de visitantes de Alfoz, promovendo o turismo, e a xeración de riqueza, nun entorno natural e único como é o deste Concello mariñán”. 

Val Díaz agradeceu a...

leer más
Etiquetas:
14/06/2018

O Concello de Cervo mellorará nos vindeiros días a área de autocaravanas da Veiga tan frecuentada nos meses de verán.

Así o anunciou hoxe o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, que acompañado pola edil de Turismo, Manuela Méndez, estivo visitando a zona sobre a que imos actuar nos vindeiros días co fin de regular o estacionamento, “o que permitirá ás persoas usuarias gañar en comodidade durante a súa estancia, ao tempo que ordenamos o tránsito nesta zona”.

Villares puxo en valor este espazo que é a día de hoxe un puntal importantísimo do turismo no noso Concello, tendo en conta que a ocupación rolda o 100% moitos días de verán; polo que “traballamos para conseguir unha contorna que sexa confortable para as persoas que nos visiten; tendo en conta tamén os beneficios que reporta esta modalidade vacacional, tan en...

leer más
26/06/2017

O Concello de Cervo vén de mellorar a área de autocaravanas ubicada na zona da Veiga, instalando paneis informativos con todo tipo de información turística e de interese para os usuarios que inclúe a localización dos diferentes puntos turísticos e servizos fundamentais do municipio.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado da edil de Turismo, Manuela Méndez, e do de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, estivo visitando a zona supervisando tamén as melloras que se acometeron na iluminación; conseguindo así unha zona de autocaravanas máis confortable para os visitantes; tendo en conta o éxito que está a ter verán tras verán e o beneficio que reporta tamén para o noso Concello”.

Villares recordou que a partir de agora e durante todo o verán “o goteo de autocaravanas que chegan ata o o noso Concello é constante...

leer más