O Concello de Cervo instalou paneis informativos e reforzou a área de autocaravanas de San Ciprián. En xullo a zona contará con wifi.

O Concello de Cervo vén de mellorar a área de autocaravanas ubicada na zona da Veiga, instalando paneis informativos con todo tipo de información turística e de interese para os usuarios que inclúe a localización dos diferentes puntos turísticos e servizos fundamentais do municipio.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado da edil de Turismo, Manuela Méndez, e do de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, estivo visitando a zona supervisando tamén as melloras que se acometeron na iluminación; conseguindo así unha zona de autocaravanas máis confortable para os visitantes; tendo en conta o éxito que está a ter verán tras verán e o beneficio que reporta tamén para o noso Concello”.

Villares recordou que a partir de agora e durante todo o verán “o goteo de autocaravanas que chegan ata o o noso Concello é constante e por iso pensamos que estes traballos que fixemos son importantes e van dirixidos a mellorar as prestacións e a información turística para reforzar o seu confort e brindarles unha completa información sobre todo o que lles pode ofrecer o noso Concello en canto a servizos e atractivos”.

O rexedor tamén apuntou que nos vindeiros días entrará en funcionamento a rede wifi municipal en toda esa zona, permitíndolle aos visitantes navegar de balde pola páxina web do noso Concello e acceder a toda a información que contén; ademais ofréceselle 200 megas de navegación gratis para que poidan facer certos trámites ou xestións dende a propia área de autocaravanas.