A AECC celebra o 13 de xuño a II Andaina Ribadeo en Marcha contra o Cancro

A segunda edición da Andaina Ribadeo en Marcha Contra o Cancro celébrase o sábado, 13 de xuño, ás 11:00 horas con saída dende o Parque de San Francisco en Ribadeo. Esta actividade lúdico deportiva, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, estará aberta a todas as idades.

A organización explica que “o obxectivo é concienciar sobre a importancia dun estilo de vida saudable para a prevención do cancro, baseado nunha alimentación adecuada e na actividade física. As inscricións para participar na andaina pódense facer de forma online, a través da url https://enmarcha.contraelcancer.es/es/ evento/ribadeo-en-marcha-contra-o-cancro-2026 e de forma presencial do luns, 8 de xuño, ao venres, 12 de xuño, de 12:00 a 14:00h na rúa Viejo Pancho Nº2, 27700 Ribadeo; e o mesmo día do evento, 13 de xuño, a partir das 10:00 horas na Oficina de Turismo vella: C/Rinconada de San Francisco.

Dende a Asociación Española Contra o Cancro agradecen o patrocinio de Solán de Cabras e Acisa Ribadeo; e a colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski Center e o Cluster Galego do Deporte.

“As persoas que se inscriban de forma online poderán recoller a súa camiseta o propio día da andaina na Oficina de Turismo vella: Rúa Rinconada de San Francisco a partir das 10:00 horas. Ao finalizar a andaina haberá un tentempé para os asistentes. Se non podes participar podes colaborar cun donativo, como inscrición solidaria, para a Asociación Española Contra o Cancro en Lugo. Todo o que se recade destinarase a seguir mellorando a vida das persoas con cancro e as súas familias, e a impulsar a investigación oncolóxica, para conseguir un 70% de supervivencia no ano 2030. Grazas Ribadeo por participar e por a vosa solidariedade”, subliñan desde a Asociación Española Contra o Cancro.

Na presentación da andaina participaron o presidente a AECC de Lugo, José Manuel Rozas; a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado; e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.