A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza aulas de portugués e galego en Ribadeo os martes de maio.

A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza aulas de portugués e galego en Ribadeo. Desenvolveranse todos os martes de maio na vila ribadense, concretamente na Casa do Viejo Pancho. A primeira reunión será o 3 de maio ás 20:30 horas.

Esta actividade, que é gratuíta, está dirixida a persoas de todas as idades e niveis de portugués e galego. Nesas xuntanzas falarase de lingua, cultura, gastronomía, historia, lendas, viaxes, etcétera.