Portugués

08/05/2021

A Associaçom Galega da Língua (AGAL) desenvolverá vintecinco obradoiros de achegamento ao portugués en trece centros educativos da provincia, da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A vicepresidenta Maite Ferreiro e o presidente de AGAL, Edudardo Maragoto, presentaron esta maña no Pazo de San Marcos esta iniciaitiva que achega ao alumnado lucense unha actividade formativa que AGAL está a levar a cabo noutros concellos de todo o país.

Os obradoiros, que se desenvolven baixo o epígrafe O Português Simples – OPS teñen como obxectivo descubrir ao alumnado a vantaxe do galego para aprender portugués e acceder ao mundo que se expresa nesa lingua, a sexta do mundo en falantes.

Eduardo Maragato explicou que se trata “de obradoiros de cen minutos nos que se ofrece unha formación básica en...

leer más