Aínda quedan prazas para asistir á comida de coroación do Rei do Entroido de Foz, que terá lugar o 19 de febreiro.

En Foz seguen os preparativos para a comida de coroación do Rei do Entroido, que se celebrará o día 19 de febreiro, ás 15:00 horas.

O menú consistirá en pastelón de bonito, sopa de cocido, costela asada ao forno, viños tinto e branco, sobremesa, café e chupito. O prezo da tarxeta é de 25 euros.

As persoas interesadas en participar poden facer a súa reserva no número de teléfono 982 14 00 27-Ext. 3.