A americana Tonina Saputo ofrecerá un concerto en Ribadeo o 9 de novembro. A artista tamén actuará, dentro da súa xira española, en Madrid e Palencia.

O Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo acolle este sábado, 9 de novembro, a súa proposta musical máis ambiciosa no ciclo Outras Voces. Trátase do concerto que ofrecerá Tonina Saputo a partir das 20:30 horas. 

Saputo, con 8 millóns de reproducións en youtube, recibe un pulo inmenso na súa carreira ao colocarse a súa versión de Historia dun amor, na listaxe das preferidas de Barack Obama.

As entradas para asistir a este concerto están á venda anticipada ao prezo de oito euros en ataquilla.com. O día da actuación poderán adquirise por 10 euros na billeteira, que abrirá ás 19:30 horas. 

Tonina Saputo é unha cantante/compositora independente, baixista, xornalista musical e poeta de St. Louis, Missouri, que interpreta música orixinal xunto cos seus arranxos en español, inglés e italiano. Provén dunha familia de amantes da música a través da que coñeceu desde o  funk, o soul e o jazz até a música clásica. O seu  sentido do ritmo, a melodía e o seu dominio da voz fan que as interpretacións sexan unha experiencia emocionante para os seus ouvintes. 

Saputo comezou a súa viaxe musical aos 9 anos e foi adestrada ao xeito clásico durante 11 anos, estudando con múltiples baixistas da Sinfónica de St. Louis e asistindo a varias clases maxistrais co baixista gañador do Grammy, John Clayton. Medrou  participando en varias programas de música en St.Louis, e finalmente dirixiu as sección de baixo da Orquestra Sinfónica Xuvenil  e a Orquesta All State de Missouri. Traballou co produtor e compositor galardoado cun Grammy, Javier Limón.

En outubro de 2016, Tonina Saputo viaxou a España para actuar no Auditorio Nacional de Madrid. Realiza o seu primeiro escaparate en marzo de 2017 no festival de música Ellas Crean en Madrid e gradúase no Berklee College of Music. En 2018 abre para a artista gañadora do Grammy, Lalah Hathaway en St. Louis. Viaxa para  actuar en numerosos festivais por América e Europa e foi nomeada unha das novas artistas favoritas de NPR de 2018.  Agora preséntase en solitario e co seu cuarteto por todo o mundo.

Tonina Saputo ofrecerá varios concertos estes días en Madrid e tamén actuará en Palencia, ademais de en Ribadeo.