Amigos da Troula organiza unha recollida de alimentos e agasallos o 19 de decembro na Casa da Cultura de San Ciprián.

A asociación Amigos da Troula organiza unha recollida de alimentos e agasallos que levará a cabo este sábado, 19 de decembro, na Casa da Cultura de San Ciprián de 10:00 a 14:30 horas.

Esta asociación, ante a imposibilidade de realizar este ano a cuarta edición do Callo Fest, decidiu cambiar as baterías por paquetes de lentellas e as guitarras por xoguetes para axudar ás familias nestes momentos tan complicados.

Entre todas as persoas participantes sortearase o chuvasqueiro do Callo Fest.

O Concello de Cervo colabora na organización deste evento.