A Asociación Bágoas da Terra organiza a XLIII Mostra Folklórica Internacional, que se celebrará en Viveiro do 1 ao 7 de agosto.

 

A Asociación Bágoas da Terra está a preparar a edición número 43 da Mostra Folklórica Internacional de Viveiro, que este ano se celebrara entre o 1 e o 7 de agosto. O lugar dos eventos será principalmente, como outros anos, a Praza Maior de Viveiro.

Esta edición incluirá a Mostra Infantil, un concerto de música folk, o desfile das nacións, a recepción cas autoridades e unha exposición de indumentaria tradicional das zonas do Camiño de Santiago francés. Tamén, existirá a oportunidade de acudir a actuacións de grupos nacionais nos Xardíns Noriega Varela ou incluso a espectáculos musicais polas rúas. Así pois, destacan algúns pratos fortes como un espectáculo especial o sábado 5 á noite e a Gran Gala Internacional do domingo 6 de agosto.

Tras 43 edicións celebrándose de maneira ininterrompida (a excepción da pandemia), a asociación e o pobo senten orgullo de pertencer a CIOFF, integrada na ONU-UNESCO. A pesar da experiencia ás costas, Bágoas da Terra continúa estes días preparándose con ensaios intensivos e especial atención ao repertorio tradicional recollido por diversas áreas de Galicia. Os organizadores insisten en que se irá coñecendo máis información co paso dos días.