A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta en Pesoz (Asturias) para o 21 de outubro

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo río Agüeira, no municipio asturiano de Pesoz, para o 21 de outubro, sábado. A distancia a percorrer son 10,5 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante desa zona.

A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 17 de outubro, chamando aos teléfonos 619.82.87.84 ou 619.37.80.29. O prezo é de 40 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son.