Ata o 13 de xaneiro pódese visitar o tradicional belén "Viveiro ante o berce".

Ata o 13 de xaneiro está aberto ao público o tradicional Belén “Viveiro ante o Berce”. 

Igual que na pasada edición, para visitar o Belén habilitarase un percorrido cunha única dirección, co obxectivo de evitar aglomeracións. 

O belén “Viveiro ante o berce” considérase como un dos máis importantes de Galicia, destacando pola súa beleza, a dimensión das súas pezas, a extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único.

Ademais o Concello xa acendeu as luces de Nadal e nos vindeiros días presentará unha completa programación para todas as idades.