Ata o 27 de outubro segue o Megavatio de Ouro, que organiza AciaFozCCA e que repartirá 5.000 euros en premios este mes.

Ata o 27 de outubro segue a campaña Megavatio de Ouro, que organiza AciaFozCCA e que repartirá 5.000 euros en premios este mes. 

Un total de 33 establecementos participan nesta campaña que deu comezo o pasado día 7. Cada local sorteará 150 euros, o valor medio dun megavatio, en tres vales de compra de 50 euros. O sorteo celebrarase o día 28 de outubro en cada tenda e os vales de compra poderán consumirse ata o vindeiro 31 de decembro en calquera dos locais que se deron cita no Megavatio de Ouro.

Os locais participantes son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Óptica, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Electricidad Núñez, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Infotec, Isla, Kukadas, La Flor Abulense, Librería Bahía, Lourdes Moda íntima, María Docampo, Mercería Vera, Milar, N1 Zapatillas, Pastelería Anduriña, Sueños, Suministros Veipa, Tien21 Celso, Vas´s, Vas´s Outlet, Viajes Rodríguez, Xanela Agasallos e Xoguetería Bahía. 

Colaboran nesta campaña de AciaFozCCA o Concello de de Foz, Impulsa Foz e a Xunta de Galicia.