Ata o 8 de abril está aberto o prazo de preinscrición nos cursos de natación para nenas e nenos que organiza o Concello de Viveiro.

O Concello de Viveiro lembra que está aberta a preinscrición para os cursos de natación para nenos e nenas, establecendo as seguintes categorías:
- Curso natación infantil: nacidos entre 2015 e 2016.
- Curso natación nenos: nacidos entre 2007 e 2014
- Curso escolas de natación: nacidos entre 2014 e 2005.

O prazo de preinscrición remata o 8 de abril de 2021. O venres, 9 de abril, na piscina municipal, realizarase o sorteo das prazas, que será aberto ao público. A presinscrición para os cursos de nenos pode facerse tanto de forma presencial como por teléfono.

A data de comezo dos cursos será o 12 de abril e o remate o 17 de xuño. Os cursos terán un aforo limitado a catro alumnos por curso, debendo cumprir en todo caso as medidas e limitacións en materia de prevención de COVID-19.