A Aula CeMIT do Vicedo ofrece cursos gratuítos de mecanografía, informática e ofimática para nenas e nenos a partir de 7 anos.

O Concello de O Vicedo acollerá na Aula Cemit, situada na Casa da Cultura, cursos gratuítos de mecanografía, informática e ofimática para nenos/as maiores dos 7 anos.

Os cursos faranse en varios grupos. O primeiro será de mecanografía e informática para nenos de 7 a 9 anos. Realizarase en horario de 10:30 a 11:30  horas os luns, martes e xoves, e de 11:30 a 12:30 horas os xoves.

O segundo grupo será de mecanografía e ofimática para nenos de 9 a 12 anos. Realizarase en horario de 11:30 a 12:30 horas luns e mércores e de 12:30 a 13:40 horas mércores e xoves.

Quedan poucas prazas dispoñibles. Para inscribirse ou para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 982 590 195