A Aula Universitaria da Uned en Foz organiza tres cursos, unha conferencia e un recital poético en abril e maio.

A Aula Universitaria da UNED en Foz organiza tres cursos, unha conferencia e un recital poético na segunda quincena deste mes e en maio.

Estas actividades foron presentadas polo alcalde focense, Fran Cajoto, e a coordinadora do centro, María Fuensanta Otero, que explican que “esta oferta formativa, aberta tanto a estudantes como ao público en xeral, destaca pola súa vertente práctica e pola variedade dos seus temas, que abarcan as diferentes ramas do coñecemento. Ademais da exposición de aspectos teóricos nos diferentes cursos foméntase o diálogo e o intercambio de ideas”. 

 As actividades programadas para este mes e o de maio son:  
-Curso de Excel avanzado: os días 21 e 28 de abril de 16:30 a 20:30 horas. (Presencial e online). 
-Curso de introdución ao marketing dixital: os días 26 e 27 de abril de 8 a 11 horas e de 19 a 23 horas. Está dirixido a calquera persoa interesada na comunicación dixital e as PYMES e é subvencionado polo Concello de Foz para comerciantes e hostaleiros do municipio. (Presencial e online) 
-Conferencia sobre o patrimonio do Camiño do Mar: o 30 de abril de 20:15 a 22 horas. (Presencial e online). 
-Curso sobre alimentación sostible: do 3 ao 11 de maio de 17 a 18:30 horas. (Presencial e online). 
-Recital poético e narración oral en lingua galega co gallo do Día das Letras Galegas: o 14 de maio de 19 a 21 horas. (Presencial e online). 

Os interesados en obter máis información poden poñerse en contacto coa Aula Universitaria de Foz no teléfono 982.133.699, por WhatsApp no 604.034.549 ou por correo electrónico na dirección foz@lugo.uned.es.