A axencia de viaxes ribadense Augasantas organiza unha excursión a Astorga o 23 de novembro con comida do típico cocido maragato.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Astorga o día 23 deste mes, sábado, con comida do típico cocido maragato.

A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo, seguro de viaxe, visita a Astorga e comida do típico cocido maragato na localidade de Castrillo de los Polvazares . O prezo é de 45 euros por persoa.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.