A banda madrileña Cosmosoul actuará en Ribadeo o 8 de decembro. Tamén pasarán por Avilés e pola Coruña.

A banda madrileña Cosmosoul ofrecerá un concerto en Ribadeo o vindeiro sábado, 8 de decembro, dentro da súa xira por Galicia e Asturias. A actuación terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval, ás 20:30 horas.

A formación está composta por cinco músicos con técnicas, formación e perfís moi diversos, o que dá como resultado unha mestura de estilos e culturas que queda plasmada nos tres discos cos que xa contan. A súa música está fortemente arraigada ao neo-soul e ao R&B, pero conta cunha riqueza de matices da worl music, o jazz e o pop.

O terceiro álbum que agora presentan leva por título Walk, e o seu traballo vai dirixido a achegar ao público os seus coidados directos.