A Biblioteca de O Vicedo celebra o 14 de maio o Día do Libro Infantil e das Letras Galegas.

A Biblioteca de O Vicedo celebra o día 14 de maio o Día das Letras Galegas ademais do Día do Libro Infantil e o Día das Bibliotecas.

Este venres, 14 de maio, ao longo da tarde, na Biblioteca do Vicedo expedirase o carné de biblioteca gratuíto que servirá tamén para calquera biblioteca da comarca e do resto de Galicia.

Ademais entregarase un pequeno agasallo para cada neno e nena que ese día se pase pola Biblioteca do Vicedo.

Esta actividade está organizada coa colaboración do Concello de O Vicedo e a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.