Bota a andar a asociación Hostalería de Barreiros con 25 establecementos asociados. O colectivo asegura que o municipio ten moito que ofrecer ademais de praias.

A nova asociación Hostalería de Barreiros bota a andar con 25 establecementos xa asociados.

Unha comisión xestora, integrada por seis persoas, será a encargada dos trámites de constitución coa idea de convocar máis adiante eleccións á xunta directiva.

Entre os temas tratados na xuntanza celebrada na tarde deste luns, abordáronse a necesidade de mellorar a promoción turística do concello mediante medidas como a sinalización tanto do municipio como dos servizos hostaleiros existentes, mellorar ademais a promoción e divulgación de rutas naturais, e procurar a atracción de visitantes/turistas interesados en outro tipo de oferta como a deportiva, a de natureza ou a de eventos. Neste senso, un dos obxectivos a desenvolver a realización de accións puntuais que favorezan a chegada doutros lugares.

A recen creada asociación procurará a creación dunha marca de Barreiros mediante a que mostrar que o municipio conta con moitos outros recursos que ofrecer as persoas visitantes máis alá da tempada estival e da oferta de praias, coa finalidade de procurar un maior auxe do sector turístico, e lograr que acade mellores cifras fora dos meses de verán.