Burela acollerá dous cursos formativos para persoas estranxeiras e preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur. Por unha banda desenvolverase un curso de preparación para a proba CCSE do Instituto Cervantes, cunha duración de 40 horas. Por outra, ofértase un curso de español para persoas estranxeiras, cun total de 80 horas de formación.

Anunciouno o Concello de Burela, que explica: “a inscrición permanece aberta sen data límite establecida e as datas de inicio dos cursos programaranse unha vez se complete o grupo de persoas participantes”.

As persoas interesadas inscribirse a través do número de teléfono 982.580.609 ou de maneira presencial no Concello de Burela.

Segundo explicou o tenente de alcaldesa en Burela, Mario Pillado, estas iniciativas “buscan facilitar o acceso á formación e favorecer os procesos de integración das persoas estranxeiras residentes no municipio”.