A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro, que se desenvolverá do 5 de decembro ao 5 de xaneiro, repartirá 6.000 euros en premios.

O xoves, 5 de decembro, comeza a campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro, sumándose así ó dia no que o Concello inaugura o Belén e acende o alumeado de Nadal. A asociación de comerciantes un ano mais segue a apostar pola decoración das rúas para dar un ambiente o máis Navideño posible e que luzan espectaculares.  

Comezará a campaña o xoves 5 ás 19:00 horas inaugurando a árbore de luces xigante instalada na Praza Maior, que se amplía e que alcanzará en total uns 11 metros de altura, para dar un toque aínda máis luminoso si cabe e que servirá de escenario para os “selfies” navideños. Faremos un sorteo nas redes sociais, e o que suba unha foto co selfie máis divertido gañará unha cea para 2 persoas. 

As rúas respirarán aire de Nadal coa decoración de abetos naturais colocados nas entradas dos comercios, que cada un adornará votando man da imaxinación. Abetos que despois da campaña navideña prepáranse para seren replantados no Monte San Roque, dando máis vida a estes árbores.A atmosfera navideña tamén será musical, posto que as rúas estarán ambientadas con panxoliñas, grazas ó fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano e que este ano amplíase uns metros máis, pola rúa Vilar Ponte. 

Este ano, como novidade, lánzase un concurso de decoración navideña entre os negocios asociados. Hai dúas categorías, unha para comercios e outra para hostalaría. Premiaranse os dous locais que mellor decoración de Nadal teñan, tanto dentro dos negocios, como nas fachadas, na orixinalidade da decoración do abeto natural que lles reparte o CCHV e que colocan nas entradas dos negocios. 

Dende o día 20 ata o 24, instálase na Praza Maior a “Casita de Papá Noel” en colaboración co Concello de Viveiro, onde dende as 17:30 ata as 20:30 da tarde os nenos poderán desfrutar de Papá Noel, sacarse fotos con el e levar un montón de caramelos.  

O dia 20 de decembro a casita de Papá Noel converterase na casita solidaria, onde se fará entrega a Cáritas e Dignidad Viveiro de carros de alimentos para as familias máis desfavorecidas.  

O luns 23 de decembro farase o “Nadal na Rúa” da man do Coro Tempus Fugit que encherá de música as rúas do Centro Histórico. Ao estilo do que se fai en moitos lugares europeos, nos que viven as panxoliñas en plena rúa, a agrupación percorrerá os lugares máis emblemáticos da cidade para ofrecer o seu repertorio de Nadal. Será a partir das 18:30 horas. 

Para premiar a fidelidade dos clientes que ano tras ano confían e apostan polo comercio local para facer as súas compras sortearanse 6.000 euros en premios. Serán inicialmente 2.000 euros os que se poñan en xogo na “Ruleta do Nadal”, que se colocará os días 12, 13 e 14 na Praza Maior. Será moi sinxelo acadar premios, por cada tícket de 20 euros en compras terase dereito a unha tirada e pódese gañar un premio directo.

E a partires do mércores 26 coas compras realizadas nos comercios asociados entregaranse as papeletas para entrar no sorteo de 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, serán 100€ ao mes durante 1 ano para cada un dos 3 agraciados. O sorteo faraseo 4 de xaneiro de 2020 ás 21:00 horas na Praza Maior de Viveiro, e as papeletas iranse entregando ata ese mesmo día. Este sorteo vai xa pola 8ª edición e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal… Só hai que ver como ano tras ano se abarrota a Praza Maior para tratar de acadar un dos tres fantásticos premios. 

O CCHV tamén formará parte da campaña “Merca e gaña polo Nadal” da man da Deputación de Lugo e a Federación de Comercio provincial, onde se porán en xogo 10.000€ en tarxetas regalo. A forma de participar é moi sinxela, basta con sacar unha foto ao tícket de compra e subila á web www.comerciolugodixital.com. Con cada tícket unha posibilidade de gañar algunha das 20 tarxetas pre pago de 300€ e 200€. 

Neste mes dedecembro os negocios abrirán as súas portas nalgúns días festivos para que os clientes poidan realizar as súas compras navideñas no comercio local, sen ter necesidade de desprazarse. As aperturas serán os domingos 22 e 29 de decembro e 5 de xaneiro. 

Un ano máis as rúas de Viveiro respirarán un ambiente navideño espectacular, e todos os clientes serán premiados con miles de premios e sorteos.