A Casa da Cultura de Riotorto acolle este sábado, 2 de decembro, unha charla sobre Francisco Fernández del Riego

Este sábado, día 2 de decembro, rematarán en Riotorto os actos polo 126 aniversario do escritor Avelino Díaz e farano cunha charla coloquio sobre Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado no Día Das Letras Galegas 2023. Será ás 18:30 horas na Casa da Cultura de Riotorto.
 
A charla será impartida por Xosé López González, discípulo e amigo persoal do autor. Será presentado polo profesor Toño Vidueiro, de Santa Marta de Meilán, e o acto pecharase cun concerto a cargo da Coral de Riotorto.