A charla médica do ciclo organizado polo Concello de Foz que estaba prevista para este mércores aprázase para o 29 de novembro

A charla médica do ciclo organizado polo Concello de Foz que estaba prevista para este mércores 15 -sobre a próstata, a cargo do urólogo Marco Antonio García Expósito- aprázase para o día 29 deste mes co mesmo horario e lugar: ás 20 horas na Casa da Cultura. Anunciouno a concelleira de Sanidade, Kathy Navarro.

Dentro deste ciclo para o mércores 22 está programada a charla do psiquiatra Diego Gonzalez Peña, que falará sobre A saúde mental na actualidade.