As charlas sobre saúde, organizadas polo Concello de Ribadeo, seguirán polas parroquias os días 23, 24 e 25 de marzo e 7 de abril

O Concello de Ribadeo continúa a desenvolver o ciclo de charlas sobre saúde nas distintas parroquias do municipio, unha iniciativa que está a contar cunha moi boa acollida por parte da veciñanza. As sesións destacan pola boa participación e por unha dinámica activa, na que as persoas asistentes se converten en protagonistas do seu propio coidado.
 
Estas sesións, enmarcadas no programa Preto de Ti, están impartidas por María Roel, enfermeira da Área de Benestar Social, Saúde e Familia do Concello ribadense. E nesta ocasión, as charlas seguen centradas na reflexión e sensibilización arredor dos hábitos saudables relacionados co colesterol e a saúde cardiovascular, abordando tamén os principais factores de risco e as medidas de prevención.
 
Haberá cambios nos horarios das próximas sesións, que quedan fixadas do seguinte xeito:
• Luns 23 de marzo: Cinxe, ás 16:15 horas
• Martes 24 de marzo: Arante, ás 16:30 horas
• Mércores 25 de marzo: Rinlo, ás 16:15 horas
• Martes 7 de abril: Vilaframil, ás 16:15 horas
 
A concelleira Elena Sierra destacou a boa acollida destas actividades e subliñou “a importancia de crear espazos seguros nos que se poida falar sobre saúde e fomentar o autocoidado das persoas”. Pola súa banda, o alcalde, Dani Vega reafirmou o compromiso que teñen con este tipo de iniciativas e sinalou que “seguimos apostando pola persoa e polo seu benestar”.