Comedia musical para o público infantil o 10 de abril no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro.

Teatro Avento presenta o sábado, 10 de abril, Ummm!! Unha comedia musical para chupar os dedos. A representación terá lugar no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, ás 18:00 horas.

A obra, dirixida a nenos de 3 a 8 anos, conta a historia da pasteleira dona Remedios que ten cada vez menos clientes porque a súa dependenta Ana non sabe facer boliños de crema. Para facer fronte a este problema, dona Remedios decide contratar un novo axudante capaz de afrontar novas ideas e facer os doces que a xente está a demandar nestes días. Pero, as veces, esas novas ideas da cociña moderna poden entrar en conflito co bo facer máis clásico de Ana.

Baixo a dirección de Xoan Abreu, o elenco está formado por Rocío Salgado e Martín Maez.
A venda de entradas é a través do teléfono 982 560 152 ou do correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es