A comparsa Os Fandangueiros organiza unha cea baile en Alfoz o 3 de decembro.

A comparsa Os Fandangueiros, de Alfoz e O Valadouro, organiza a terceira edición da súa cea baile. Será o 3 de decembro, sábado, no pavillón polideportivo de Alfoz, desde as 21:30 horas.

A organización anuncia que a cea estará servida polo catering Chao da Brea e haberá baile amenizado pola disco móbil Conxuro, sorteos e moitas sorpresas máis.

Para reservar hai que contactar cos teléfonos 679.566.111 ou 603.670.661 e o prazo remata o 30 de novembro.