A Deputación de Lugo renova a colaboración co Resurrection Fest cun patrocinio de 150.000 euros. O festival terá lugar do 28 de xuño ao 1 de xullo.

O Deputado en funcións de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, presentou este luns na Praza de San Marcos a renovación da colaboración da Deputación de Lugo co Resurrection Fest, que para a súa 18 edición contará cun patrocinio da institución provincial de 150.000€. “É un pracer ver como este festival de referencia camiña con forza cara completar dúas décadas de existencia”, apuntou Rivera Capón sobre esta cita, que se desenvolverá do 28 de xuño ao 1 de xullo.

No acto participaron tamén a Deputada de Muller e Igualdade e Alcaldesa en funcións de Viveiro, María Loureiro, e o co-director e organizador do evento musical, Iván Méndez; aos que o Deputado agradeceu ser quen de “saber xestionar tan ben a herdanza do que foi Alcalde de Viveiro Melchor Roel, un visionario que apostou forte por esta cita”.

“Este festival é unha historia de éxito feita a si mesma, un exemplo do que unha iniciativa dun grupo de afeccionados pode conseguir co respaldo intelixente do Concello e do conxunto das administracións públicas, e o máis importante, da xente”, destacou o Deputado.Puxo en valor a evolución da cita musical como “un evento que combina ese acervo cultural co turismo experiencial e tamén coa música. Unha mestura máxica que fai do Resu un evento indispensable e diferente no calendario internacional”. E destacou que esa liña do turismo de experiencias é a que tamén impulsa a Deputación.

PabloRivera explicou que “oResu é importante polo seu retorno económico e polo emprego que xera arredor da organización do festival. E pon a Viveiro, á Mariña e á provincia de Lugo, no mapa internacional como un destino de referencia” e destacou que “conta con pequenos detalles que para min marcan a diferencia, como o seu carácter conciliador e integrador ou que poida desfrutar del toda a familia. Iso fai deste festival unha cita diferente, pola música e pola capacidade de conciliación tan necesaria durante o verán e que tanto reivindican as nais e os pais”.

As novidades da edición
Iván Méndez destacou que “o festival alcanza a maioría de idade nun estado de forma moi bo, xa que nas últimas cifrasmanexadas pola Asociación de Promotores Musicais e a industria musical, o ResurrectionFest está entre os 10 festivais máisgrandes de España, sendo o maior dos festivais de rock e metal do país”, ademais de contar co récord de ser o festival máis grande celebrado en España nunha vila de menos de 20.000
habitantes. 

“O cartel deste ano contará cuns 100 artistas divididos en 4 díase 4 escenarios. Os cabezas de cartel dos días principais terán as súas datas únicas en Españae será o cartel con máis bandas internacionais que nunca tivemos no noso festival nintampouco nun evento en Galicia, con 75 bandas de fóra de España”, apuntou Méndez.

O responsable do festival explicou que este ano contarán cun “bulevar que imita as tendas de discos históricas a nivel mundial, unha igrexa onde a xente poderá casarse, concertos secretos de artistas internacionais e unha maior zona de descanso que nunca onde axente poderá acampar durante o festival e desfrutar de diversas actividades que pronto sedesvelarán”.

O seu impacto económico
Respecto ao impacto económico, o organizador do Resurrection sinalou que de cada 10 euros investidos no festival, “4quédanse na industria da música, mentres outros 6 devólvense para a contorna. E xuntando o impacto socioeconómico e o mediático, o impacto do ResurrectionFest sitúase nuns 25 millóns de euros para a comarca”.

Nese sentido, María Loureiro valorou “moi positivamente a repercusión do festival na economía local, con días de alta ocupación hoteleira non só en Viveiro, senón na comarca e con moita actividade no sector servizos”. Segundo a Alcaldesa de Viveiro, “é tamén un reto acoller o ResurrectionFest polos milleiros de persoas que nos visitan”, agradecendo o esforzo dos organizadores e das forzas de seguridade que “durante os 4 días do festival traballan sen descanso para que todo transcorra con normalidade”.