Veteranos

Etiquetas:
13/05/2023

Os días 27 e 28 de maio terá lugar o XVII Torneo Internacional de Fútbol de Veteranos Vila de Ribadeo, que organiza a asociación de veteranos do Ribadeo FC. O evento foi presentado no salón de plenos do Pazo de Ibáñez. 

Segundo os organizados neste evento daranse cita 68 equipos: 6 portugueses, 1 irlandés, 2 paraguaios, 1 arxentino, 1 brasileiro, 2 franceses (un deles da illa Mayotte, que está no océano Índico) e o resto españois (de Andalucía, Madrid, Castela-León, Cantabria, Asturias e Galicia). Os organizadores estiman que entre todos os equipos desprazarán a Ribadeo a máis de 2.000 persoas.

Na quenda de intervencións o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, sinalou: “desde o Concello de Ribadeo queremos dar, outro ano máis, o noso caloroso recibimento a toda esta xente que fai posible este torneo, tan grande,...

leer más
Etiquetas:
24/06/2022

Desde a organización animan á participación: “non dubides en apuntarte e crear un equipo cos teus amigos para pasalo ben co mellor deporte. Haberá premios en metálico para os gañadores”. E haberá trofeos para os máximos goleadores, para os mellores porteiros e para o xogador máis veterán. 

Os partidos serán no Campo Boavista Folgueiro. 

Os eventos están organizados pola Unión Deportiva Folgueira e colaboran o Concello do Vicedo e a Deputación de Lugo. 

Etiquetas:
25/05/2022

O salón de plenos do Concello acolleu a presentación do XVI Torneo Internacional de Veteranos que se celebrará os días 28 e 29 de maio. No evento, que organiza a Asociación Deportiva de Veteranos do Ribadeo FC, participan 52 equipos chegados desde Bélxica, Reino Unido, Portugal e diferentes puntos do Estado. Son máis de 1.000 persoas as que de venres a domingo encherán os hoteis e os restaurantes de Ribadeo. 

O alcalde, Fernando Suárez, declarou que “é unha honra para nós, para o Concello de Ribadeo, presentar unha edición máis, a décimo sexta, deste Torneo de Veteranos que organiza esta marabillosa Asociación Deportiva de Veteranos do Ribadeo FC, que sempre intenta bater récords de participación. Desde logo dise moi axiña que conta con 52 equipos de diferentes lugares de Galicia, do Estado e da Unión Europea: de Portugal, de Bélxica, do...

leer más
Etiquetas:
09/09/2021

Trinta e seis equipos de 8 comunidades autónomas españolas e outros procedentes de Portugal se darán cita en Ribadeo os días 11 e 12 de setembro para disputar o XV Torneo Internacional de Veteranos. O evento está organizado pola Asociación de Veteranos do Ribadeo FC e conta coa colaboración do Concello e de Acisa. Os partidos vanse disputar en campos de Ribadeo, Lourenzá e Barreiros, en Galicia; e en Navia, Coaña e La Caridad, en Asturias. O Torneo presentouse este mediodía no salón de plenos.

O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “desde o Concello quero expresar a ilusión que nos produce volver a ter un torneo de veteranos, de maiores de 35, que neste ano é a 15ª edición dado que, desgraciadamente, o anterior por mor da pandemia houbo que suspendelo, non se puido facer. E agora, no 2021, xa saíndo desta terrible situación na que estivemos...

leer más
Etiquetas:
23/05/2019

Acisa colabora un ano máis co Torneo Internacional de Fútbol Veterano Vila de Ribadeo, que se disputa esta fin de semana os días 25 e 26 de maio. O evento, que chega á súa décimo cuarta edición, traerá á localidade a unhas tres mil persoas, cifra que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos considera moi importante para o movemento que xerarán tanto na hostalería como no comercio desde o venres ata o domingo. 

O presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, manifestou que “desde Acisa estamos apoiando un pouco dentro das nosas  posibilidades a este grupo de xente que organiza este evento todos os anos. Van catorce edicións e nós o que intentamos, desde o comercio e a hostalaría, é apoialos porque estes veteranos que nos visitan e os seus acompañantes deixan moito diñeiro en Ribadeo, moito movemento e dannos a...

leer más
Etiquetas:
23/05/2018

Os días 26 e 27 deste mes celébrase o XIII Torneo de Fútbol Veterano Vila de Ribadeo.  Ata a localidade acudirán 42 equipos procedentes de Reino Unido, Bélxica, Portugal e diferentes comunidades autónomas do Estado. En total serán 800 xogadores, máis os seus acompañantes, os que encherán Ribadeo a vindeira fin de semana.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dixo que “este evento deportivo tan importante para Ribadeo no que unha congregación deportiva se converte no principal evento turístico e dinámico para a economía do comercio, para a economía da hostalaría local, neste vindeiro fin de semana. Precisamente nunha fin de semana na que aínda non é tempada alta en Ribadeo, pero os hoteis, os bares, os restaurantes e as rúas en definitiva se van ver cheas de 800 deportistas, acompañados quizais dos seus familiares que cheguen cando menos a...

leer más