Do 20 ao 27 de decembro terá lugar un ciclo de conferencias titulado "Escoitando o mar". Están organizadas por Mariña Patrimonio e serán en San Cibrao.

As charlas, organizadas pola asociación sociocultural Mariña Patrimonio, terán lugar ao longo de varias xornadas neste mes de decembro.

Co título “Escoitando o mar” Mariña Patrimonio organiza un ciclo de conferencias coas que pecha as actividades culturais que levan organizado ao longo deste ano. 

O próximo día 20 comezarán as xornadas coa conferencia “Foula de prata: a bordo da tradición oral marítima” a cargo do Secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Miguel Losada e Enrique Blanco, Ex - Director CEIP Noia. 

O 26 de decembro Anxo Muíños, escritor e patrón de pesca, falará sobre “Mitos do mar: O alén dos barqueiros” e o 27 deste mesmo mes a conferencia “A onomástica naval na Galicia de antano: unha odisea relixiosa, cultural e afectiva” será pronunciada polo profesor da UDC, José Manuel Vázquez Lijó, que pechará estas xornadas que terán lugar no Museo do Mar de San Cibrao. Todas as charlas serán as 18:30 horas. 

Mariña Patrimonio conta coa colaboración da Rede Museística Provincial e tamén a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.