Do 22 ao 24 de agosto celébranse no Vicedo as IX Xornadas Memoria dun Tempo, que organiza Nordés.

A asociación Nordés organiza as xornadas Memoria dun tempo que se celebrarán na Casa da Cultura de O Vicedo os días 22, 23 e 24 de agosto.

O xoves 22 ás 20:00 horas proxectarase o documental El silencio de los otros, galardoado co Goya 2018 e co Premio do Público da Berlinale, entre outros. De seguido haberá un debate con Luís Bará de Iniciativa Galega pola Memoria.

O venres 23 ás 20:00 horas o profesor e investigador Claudio Castro Lage falará de Luciano Pérez Riveira, que foi alcalde durante a II República do Concello de Riobarba (dende 1952 O Vicedo). A partires das 22:00 horas, ofrecerá un recital o músico e cantautor de O Carballiño Andrés Fernández.

E o sábado 24 ás 12:00 horas na ponte vella de O Barqueiro celebrarase unha homenaxe ás persoas represaliadas en xeral e na comarca en particular. Será un acto aberto á participación con música, poesía e testemuñas.