Do 28 ao 30 de novembro terá lugar a Festa da Palabra, que organiza a Pomba do Arco, en Foz.

A asociación sociocultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da Festa da Palabra que terá lugar os días 28, 29 e 30 de novembro no Cenima de Foz.

O martes, 28 de novembro, intervirá Manuel Rivas. O mércores 29 participará Daniel Salgado. E pechará esta Festa da Palabra o xoves 30 Miriam Ferradáns. En total son tres os recitais poéticos dos que se poderá gozar nesta cita.

A Festa da Palabra celebrarase no salón de conferencias do Cenima de Foz, a partires das 20:30 horas.